A Nosa Empresa

Transportes y Pescados Nelo S.L. estableceuse en 1992 no Porto de Burela, o norte da provincia de Lugo(España). Con todo, a historia da empresa orixinouse moitos anos atrás, en 1962, cando o Sr. Generoso Trobo comezou a comercializar peixe fresco e toda clase de mariscos de forma local e rexional.

En 1992 a súa empresa, debido o crecemento e o volume de facturación, converteuse en Sociedade Limitada. O Fillo do fundador, Manuel Trobo ‘Nelo’, encargouse da xerencia e administración da mesma. Nestes últimos tres anos, Myriam Trobo, a neta do fundador, continúa desenrolando a idea de negocio familiar.

Durante 24 anos subministramos produtos frescos ós principais mercados nacionais, empresas conxeladoras, empresas de conservas, peixerías, etc. Dende fai 14 anos somos co-fundadores dun proxecto innovador, creando unha procesadora de peixe conxelado e elaborado.

A nosa filosofía de traballo con profesionalidade, confianza, compromiso cos nosos clientes e un produto de alta calidade avalan unha traxectoria de máis de 60 anos e tres xeracións familiares.
Na actualidade e grazas a un equipo mozo, ambiciosos e con alta preparación, a estratexia e o propósito da nosa empresa pasa por lograr unha expansión internacional e ser referentes en exportación e comercialización de produtos de peixe fresco e conxelado. Creemos que todo iso e posible solo mantendo os valores principais da empresa, obtendo un produto de alta calidade e establecendo boas relacións a longo prazo con clientes de diferentes países e continentes.

  • Placeholder
  • Placeholder
  • Placeholder

A Nosa Estratexia

  • Connector.

    Propósito:

    Ser un líder na industria da exportación de produtos pesqueiros ofrecendo produtos de alta calidade, mantendo relacións comerciais e servizo óptimo o cliente.

  • Connector.

    Visión

    Prover servizos de calidade que logren superar as expectativas dos nosos clientes.

  • Connector.

    Misión

    Construír relacións a longo prazo cos nosos clientes, ofrecendo produtos de alta calidade e servizo continuo o cliente.

  • Connector.

    Valores fundamentais

    Creemos no trato dos nosos clientes con respeto e fe, sendo a fidelización o noso principal obxectivo.

  • Connector.

    Obxectivos

    Lograr a expansión internacional no campo da exportación de produtos pesqueiros e desenrolar unha forte base de clientes claves. Construír unha boa reputación no campo da exportación de produtos pesqueiros e establecer boas relacións comerciais cos clientes de diferentes países e continentes.